xoves, 31 de agosto de 2017

Viaxe a Eibar

A Federación de Peñas Celtistas, co comezo da tempada 2017/2018, organiza un desprazamento para asistir o partido: SD Eibar - RC Celta, do domingo 24 de setembro de 2017 en Ipurúa, as 18:30 horas.

A saída será o sábado 23 de setembro a 01:00 horas da madrugada do sábado, para chegar a Vitoria redor das 09:00 horas, lugar onde se vai petnocatar a noite do sábado para o domingo, sendo a saída de Vitoria para Eibar as 12:00 horas do domingo 24, día do partido, con regreso unha vez remate o mesmo.

O prazo de inscrición remata o luns 4 de setembro.


Peña Celtista La Previa

A Peña Celtista La Previa, organiza o vindeiro sábado 2 de setembro unha festa de inauguración da tempada, no local da Fabrica de Chocolate, a partires das 21:30 horas.

Haberá, concertos, sorteos, fotocall, palmeras, etc. con sorpresas.

O prezo das entradas e de 5 euros anticipada (podese mercar na cafetería Financial Center, na rúa Colón núm. 6) e 7 euros en taquilla. A entrada inclúe unha cervexa ou refresco.