martes, 28 de novembro de 2017

Decembro solidario

A Federación de Peñas Celtistas organiza o decembro solidario, que consiste na recollida de alimentos non perecederos, para entregar,segundo a cantidade a unha ou varias ONG. Poderase entregar na oficina da FDPC os venres de 17:00 a 20:00 horas, e dúas horas antes do partido que se xogue no estadio de Balaídos, sendo o derradeiro día, o domingo 17 de decembro de 2017, antes do encontro: RC Celta - Villarreal. Grazas pola súa colaboración.