venres, 13 de abril de 2018

Viaxe a Villarreal

A FDPC adianta o prazo de inscrición para a viaxe a Villarreal o domingo 15 de abril de 2018, por motivos alleos a esta Federación de Peñas, polo que os interesados en acudir a dito desprazamento  pregamoelle realizen a inscrición na maior brevidade de tempo posible, pois en caso de que non se cubran o mínimo de prazas suspenderase a viaxe.


xoves, 5 de abril de 2018

Viaxe a Villarreal

A FDPC organiza un desprazamento a Villarreal co motivo do partido: Villarreal - RC Celta do fin de semana do 29 de abril, sen coñecemento do día e hora, aproveitando a ponte do martes 1 de maio, festivo, tendo prevista a saída o venres 27 de abril as 23:30 horas e regreso o martes 1 de maio de 2018.

Para elo anexa o cartaz coa información da viaxe, pregandolle os seareiros que estean interesados en inscribirse, o realizen na maior brevidade de tempo posible, para o bloqueo de habitacións no hotel.

Igualmente indicamos que a viaxe inclue media pensión, e dicir, cea, durmida e almorzo.



luns, 2 de abril de 2018

Viaxe a Leganés

Co motivo do partido que o RC Celta xogará no estadio Municipal de Butarque fronte o Club Deportivo Leganés o día 14 de abril de 2018, a Federación de Peñas Celtistas organiza unha viaxe a Leganés, para asistir o partido.


mércores, 21 de febreiro de 2018

Viaxe a Madrid

Co motivo do partido que o RC Celta xogará no estadio Wanda Metropolitano fronte o Atlético de Madrid o día 11 de marzo de 2018, a Federación de Peñas Celtistas organiza unha viaxe a Madrid, para asistir o partido.


mércores, 10 de xaneiro de 2018

Viaxe a Vitoria

o día 3 de febreiro de 2018, o RC Celta xoga en Vitoria fronte o Deportivo Alavés, e por elo que a Federación de Peñas Cetistas organiza unha viaxe para acompañar o equipo no estadio de Mendizorrotza.